Descripción de la Exposición
A Colección Fundación DIDAC é un legado en construción que nace coa misión de proxectar o deseño e a arte contemporánea. Coa intención de xerar un mapa visual e documental do acontecido fundamentalmente dende os anos setenta ata hoxe, esta colección reúne, ademais de obras de arte e obxectos de deseño, catálogos e libros de artista, revistas e carteis, informacións primarias e todo tipo de material que contribúe ao estudo do deseño e a arte contemporánea en Galicia; para iso, compleméntase con pezas de artistas e deseñadores nacionais e internacionais que axudan á contextualización deste legado ao tempo que permiten expandir o relato.
Cunha organización cronolóxica que nace simbolicamente coa publicación do primeiro número do Laboratorio de Formas de Galicia en 1970, a Colección Fundación DIDAC asume unha vocación contemporánea e aposta por difundir e catalogar o día a día da creación máis actual. Conscientes de que é cada xeración a que encontra as súas propias afinidades e filiacións no pasado, a Colección Fundación DIDAC inclúe tamén algunhas creacións anteriores ao seu marco cronolóxico principal.
Esta colección dá sentido ao proxecto da Fundación DIDAC, que nace en liña cun dos obxectivos do Laboratorio de Formas de Galicia que pretendía dotar a Galicia de institucións capaces de abrir novos traxectos interdisciplinares de investigación para a arte e o deseño, recuperar a memoria e encontrar unións entre o espíritu de época e a tradición e historia de Galicia no ámbito do creativo. Noutras palabras, a raíz local conxúgase con vocación universal, pero tamén o presente destílase desde unha mirada ao pasado, co compromiso de trasmitir ese coñecemento, proxectándoo e renovándoo.
De aí o título desta primeira presentación da Colección Fundación DIDAC, “Imos sempre de regreso”, a partir dunha máxima do poeta Novalis (Immer Nach Hause). A vontade formativa e de difusión da Fundación DIDAC permitirá a proxección dos seus contidos mediante exposicións e publicacións como as realizadas nesta ocasión.
Actualidad, 05 feb de 2020
#loquehayquever en España: Joan Rabascall y Thomas Nölle exponen por partida doble en Madrid
Por PAULA ALONSO POZA
La capital española es el escenario de dos dobles aperturas con obras del catalán Joan Rabascall y del alemán Thomas Nölle. El primero inaugura una retrospectiva en Tabacalera que se ...
Exposición. 30 abr de 2025 - 14 sep de 2025 / Varios espacios de Madrid y otras ciudades españolas / Madrid, España
Formación. 30 oct de 2025 - 11 jun de 2026 / Museo Nacional del Prado / Madrid, España