Exposición en Santiago de Compostela, A Coruña, España

Olivetti, a unidade na diversidade

Dónde:
Fundación DIDAC - DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas / Pérez Costanti 12 bajo / Santiago de Compostela, A Coruña, España
Cuándo:
22 nov de 2018 - 08 ene de 2019
Inauguración:
22 nov de 2018 / 20:00
Enlaces oficiales:
Web 
Descripción de la Exposición
Olivetti, a unidade na diversidade mostra comisariada pola deseñadora de tipografías María Ramos que, como parte intrínseca do seu traballo, ven revisando dende hai anos o papel da coñecida casa italiana de máquinas de escribir Olivetti, no recoñecemento do importantísimo papel que xoga o deseño na consolidación dunha marca. Composta de máquinas de escribir, carteis orixinais e outros curiosos elementos que na súa maior parte proceden da Colección Sirvent, a exposición rinde homenaxe á empresa italiana que conseguiu fabricar máquinas de escribir durante case un século no cal foi capaz de crear modelos que se converteron en iconas na historia do deseño industrial, destacando pola forma e polos avances conseguidos pola innovación na súa funcionalidade. Xunto a máquinas tan senlleiras como a Lexicon 80 ou a Lettera 22 de Marcelo Nizzolli, a Praxis 48 de Ettore Sottsass e Hans von Klier, a Valentine do mesmo Sottssas e Perry King ou a ... Lexicon 83 DL de Mario Bellini, na exposición atoparemos unha importante parte de gráfica publicitaria que representou á compañía italiana durante os seus anos de historia. Carteis de grandes deseñadores do século XX como Giovanni Pintori, Paul Rand, Milton Glaser ou o citado Nizzoli entre outros, acompañan ás máquinas. Ao mesmo tempo a exposición conta cunha parte adicada a subliñar a importancia da tipografía e as diferenzas no deseño de caracteres creados a medida para a máquina de escribir. A Colección Sirvent é unha das grandes coleccións do mundo de máquinas de escribir, con sede en Vigo e atesourada pola familia Sirvent que leva facendo un traballo de varias xeracións para conseguir, restaurar e conservar, os que xa son máis de 4.000 exemplares de máquinas de escribir ademais de obxectos relacionados, que dan forma á colección. A exposición complétase cunha mostra da comisaria María Ramos como deseñadora de tipografías. Tras licenciarse en Publicidade pola Universidade de Vigo obtivo o seu máster en Deseño de tipografías na Universidade de Reading (Inglaterra), un dos centros punteiros no ensino desta especialidade do deseño. María traballa agora na súa propia marca, NM type, creada xunto a Noel Pretorius. A súa tipografía Kinetic foi merecedora dun Certificado de Excelencia Tipográfica concedido polo Type Directors Club de Nova York. Entre os seus clientes atópanse firmas como Jägermeister. Mostras en colaboración con Sirvent S.L.

 

 

Entrada actualizada el el 20 dic de 2018

¿Te gustaría añadir o modificar algo de este perfil?

Infórmanos si has visto algún error en este contenido o eres este artista y quieres actualizarla. ARTEINFORMADO te agradece tu aportación a la comunidad del arte.

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones

Servicio Promoción

¡Dale más visibilidad a tu evento!

  • Accede a la mayor y más atractiva comunidad del arte iberoamericano de forma rápida, eficaz y económica.
  • Obtendrás una posición destacada en todas las secciones de ARTEINFORMADO, priorizando a los usuarios de la ciudad/país del evento.
  • Multiplica las visitas a la perfil de tu exposición.
  • Te garantizamos un mínimo de 25.000 impresiones cada 15 días. Además, podrás hacer un seguimiento en tiempo real de todas tus visitas diarias.
Premio
05 abr de 2024 - 05 may de 2024

Madrid, España

Exposición
20 abr de 2024 - 31 may de 2024

Galería Pedro Cera - Madrid / Madrid, España

Formación
21 sep de 2023 - 04 jul de 2024

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) / Madrid, España

Exposición Online
26 mar de 2024 - 29 abr de 2024

Online

¿Quieres estar a la última de todas las exposiciones que te interesan?

Suscríbete al canal y recibe todas las novedades.

Recibir alertas de exposiciones